Centinelas con Ekta Parishad
Asociación Centinelas

Centinelas con Ekta Parishad

Asociación Centinelas

A pasada semana tivemos a oportunidade de contar na nosa Asociación con Aneesk Thillenkery, coordinador nacional do movemento Ekta Parishad orixinado na India, que ten como filosofía a resistencia social non violenta para a defensa dos dereitos das persoas campesiñas indias.

Na xuntanza, explicounos en que vai consistir a marcha mundial Jai Jagat (que significa Victoria de todo o mundo) prevista para o ano 2020. Unha marcha mundial para camiñar cara unha economía solidaria, unha sociedade e un mundo baseado na ética e na xustiza. Tamén nos informou sobre de que maneira as pequenas entidades podemos facer a nosa achega ao movemento.

Dende CentinELAS queremos agradecer a súa presenza e sumarnos a este movemento mundial pola non violencia.

CentinELAS

Deja una respuesta